![]()
CAMBADOS> Non hai problemas estructurais nos depósitos de auga da Mancomunidade do Salnés. Esta é a conclusión positiva do informe …
{flowplayer}images/salnes/MELLORAS_DEPOSITO_MANCOMUNIDADE_310512.flv{/flowplayer}
… encargado por Augas de Galicia, tras apreciarse fugas de líquido. O estudo feito ás instalacións descubriu numerosas gretas aparecidas ó longo dos 25 anos que ten o depósito, nas xuntas interiores, no teito, polo que recomenda unha boa reparación.
Augas de Galicia acometerá e financiará as obras de reparación, que custarán algo máis de 130 mil euros. O prazo de execución será de mes e medio, que arrancarán despois do verán. Ademais, farase un plan de mantemento, con recoñecementos mensuais o primeiro ano e logo cada seis meses. O depósito da Mancomunidade consta de dous habitáculos, un con 6 mil metros cúbicos de capacidade e outro de 4 mil. Este último é o que peor está.
En canto ó subministro de auga para o verán, o presidente da Mancomunidade asegura que grazas ás chuvias desta primavera non haberá perigo no abastecemento para xullo e agosto.
Sobre o novo depósito de auga solicitado á Xunta, con cargo á indemnización de Brenntag, de momento, non hai novidades. A Mancomunidade lembra que teñen o compromiso do conselleiro de Medio Ambiente.
Redacción Salnés









