As tubaxes de Vilagarcía volven romper

VILAGARCÍA> Enésima rotura dunha tubaxe en Vilagarcía. As inundacións e os cortes de auga provocan malestar entre os veciños. O Concelleiro de Medio Ambiente asegura que non haberá máis cortes.

A madrugada do domingo os veciños da Avenida Doutor Tourón volveron verse afectados por un corte do abastecemento da auga, provocado de novo por unha rotura dunha tubaxe. Esta vez, ademais, causou a inundación dun garaxe e da estrada. Os veciños e hostaleiros móstranse moi indignados.

O concelleiro de Medio Ambiente aproveitou para pedir desculpas ós veciños dos tres edificios afectados.

Dende o Concello xa tomaron medidas para evitar que a veciñanza volva a sufrir cortes de auga montando unhas tubaxes provisionais que abastezan ós afectados en caso de unha nova avaría.

Lino Mouriño asegurou que o ideal sería cambiar todas as tubaxes pero que agora mesmo non é posible. As obras finalizarán en menos dúas semanas.