Todo listo para que ducias de Harleys invadan Arousa

    harley copia.jpg VILANOVA> Esta fin de semana a comarca acolle o II Rally Hog Galicia Chapter, que percorrerá as rúas de Vilanova, Vilagarcía, Cambados e O Grove.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_CHAPTER_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    As motos empezarán a percorrer as estradas da comarca esta mesma noite, cando ás doce arrinque en Vilanova unha ruta que os levará por distintas rúas do municipio. Participarán moteiros chegados de distintos puntos de Galicia e España. Pero este non será o único desfile que fagan. Ata o domingo pasarán tamén por Vilagarcía, onde aproveitarán para pasar pola Feira das tapas e gozar da noite meiga, por Cambados e O Grove.

    O desfile desta noite en Vilanova contará cun motorista destacado: o alcalde, Gonzalo Durán, para o que trouxeron unha Harley especial desde o concesionario oficial de Vigo.

    Pero entre as rutas, concertos e comidas de confraternidade, este segundo Rally Galicia Chapter contará tamén co sorteo dunha destas emblemáticas motos entre todos aqueles que adquiran unha das mil rifas que venden.

    Redacción Salnés