Arousa en Transición pide medidas para evitar que o turismo masificado converta a ría ‘nun parque de atraccións’

A ILLA> A asociación Arousa en transición esixe medidas para controlar o turismo masificado da Illa. Dende a asociación, consideran que o turismo descontrolado pode causar grandes estragos na natureza do municipio e no sector pesqueiro. Avogan por un turismo máis saudable e piden que non se converta á Illa nun gran parque de atraccións.

Nos últimos anos o número de visitantes non deixa de crecer nas Rías Baixas. Neste ano de pandemia, a situación lonxe de cambiar, volveu a arroxar uns datos moi altos de turismo. Pero este crecemento tamén ten consecuencias. Dende Arousa en Transición consideran que é perigoso ter un modelo turístico sen control.

Dende Arousa consideran vital implantar medidas que garantan o cumprimento da axenda 2030.

A asociación propón diferentes medidas para mellora a situación avogando por un turismo que respecte e coide o medio ambiente.

O tráfico, o aumento da ocupación do chan con vivendas ocupacionais ou a contaminación son outras das preocupacións da asociación. Segundo indican, moitos pescadores xa se queixan de que cada vez hai menos peces na costa da Illa. Piden que se tomen medidas xa e evitar que a Ría termine nunha situación similar á do Mar Menor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí