O SALNÉS> O Salnés e México estreitan lazos a través do deporte. A delegación da Copa Aguascalientes participará activamente na próxima edición da Copa Ribadumia, converténdose nun dos grandes atractivos do torneo. A súa presenza supón un importante impulso ao carácter internacional da competición. O acordo presentado este marts vai máis alá do ámbito deportivo, xa que promove o intercambio cultural, social e formativo entre ambos territorios.
Aguascalientes e a comarca do Salnés cada vez están máis preto. Este martes deuse un novo paso nesta relación grazas ao deporte. A Copa Aguascalientes participará activamente na próxima edición da Copa Ribadumia, converténdose nun dos grandes atractivos do torneo.
Este vínculo naceu co irmandamento entre ambos territorios, unha iniciativa liderada no seu momento por Gonzalo Durán, que permitiu sentar as bases dunha colaboración que hoxe segue medrando.
O convenio asinado vai máis alá do deporte. Partindo desa base, promóvese o intercambio cultural, social e formativo entre ambos territorios.
No acto, o presidente comarcal trasladaron unha invitación oficial á Doutora María Teresa Jiménez Esquivel, Gobernadora Constitucional do Estado de Aguascalientes, para visitar O Salnés e asistir á Copa Ribadumia, que terá lugar no mes de xuño.











