![]()
VILAGARCÍA> Diferentes asociacións do municipio instalarán as súas pallozas en diferentes rúas e ofrecerán queimada e produtos para degustar.
{flowplayer}images/salnes/PTAC_NOITE_MEIGAS_2011.flv{/flowplayer}
Serán un total de nove as pallozas que ocuparán as principais rúas de Vilagarcía mañá a partir da once e media da noite. Estarán colectivos coma Zona Aberta, a asociación O Noso Lar, o grupo Malveiras ou a asociación Fontefría de Guillán.
Pero non será ata media noite, despois da queima da Meiga na explanada do Auditorio, cando se poderá repartila queimada entre os participantes. O que si, os que se acheguen ata a festa poderán conseguir algúns agasallos se completan o circuíto enteiro.
Ademais, haberá unha carpa na rúa da Baldosa na que se poderán inscribir os interesados en participar no concurso. Concederanse premios individuais, por grupos e infantís.
Cabe lembrar que a festa arrancará ás dez e media da noite co décimo sexto Festival Folclórico Malveiras.
Redacción Salnés








