![]()
{flowplayer}images/salnes/ConcentracionMotos.flv{/flowplayer}
Cunha axenda repleta de actividades, os algo máis de 50 moteiros que participaron nesta edición, encheron as rúas de ruido, de cor e de ganas de pasalo ben. A súa ruta incluíu desfiles polas rúas e tamén visitas turísticas e mesmo participaron na Feira das Tapas ou na Noite Meiga.
Aínda que a asistencia foi menor da que agardaban dende a organización, esperan que en vindeiras edicións se poida aumentar o número de moteiros.
Ó seu paso por Vilagarcía tamén foron recibidos por varios representantes do Concello. O domingo pola mañá continúa a ruta desta comitiva, despedindo así esta segunda edición do Rally, ata o ano que ven.
Redacción Salnés











