A Policía evita un roubo nun bar ó saltar a alarma

    fotoroubocopia.jpgVILAGARCÍA> Romperon este cristal e accederon ó bar, pero a Policía sorprendeunos antes de que puideran darse á fuga.

    {flowplayer}images/salnes/RouboBarSobradelo.flv{/flowplayer}

    A vaga de roubos que está a vivir Vilagarcía tivo o seu último incidente esta semana neste bar de Sobradelo. Foi ó redor das 12 da noite cando dous mozos, veciños da zona, entraron no establecemento aproveitando que non había ninguén no interior. Romperon este cristal e accederon ó bar, pero a Policía sorprendeunos antes de que puideran darse á fuga.

    O botín co que fuxían os ladróns apenas tiña valor, as perdas máis grandes son os desperfectos ocasionados.

    Non é a primeira vez que este bar é obxecto de roubos, e xa en anteriores ocasións a alarma evitara a fuxida dos ladróns.

    Os dous mozos detidos foron identificados e o martes celebrarase un xuízo rápido. O propietario deste bar agradeceu ademais a rápida actuación policial.

    Redacción Salnés