Un taxista recibe dúas coiteladas, en plena rúa, durante o servizo

    taxistas100.jpgVILAGARCÍA> A vítima foi apuñalada por negarse a deixar subir a un cliente con mal aspecto. A estas horas recupérase favorablemente, no Hospital do Salnés.

    Os feitos tiveron lugar ás 8 da mañá na rúa Conde Vallellano, nas inmediacións da praza de Galicia. O taxista estaba na parada á espera dun servizo, cando chegaron dúas persoas con intencións de subirse ó vehículo. O taxista negouse a deixar subir ó taxi a unha destas persoas porque presentaba un mal aspecto. Nese momento comezou unha acalorada discusión, entre os clientes e o taxista, que acabou en desgraza.

    Amais da coitelada no abdome, a vítima recibiu un corte superficial nun xeonllo. Un comerciante da zona foi testemuña dos feitos.

    O habitual, segundo os taxistas, é ter clientes educados, que non dan problemas. Nin durante ó día nin tampouco, no servizo de noite. Os taxistas resérvanse o dereito de admisión.

    A vítima foi trasladada de inmediato ó Hospital do Salnés onde se recupera favorablemente á espera de recibir a alta médica. Tratase dun taxista de 49 anos, e veciño de Cambados, que leva no oficio máis de 15 anos. O autor das coiteladas está detido, en dependencias policiais, e pasará a disposición xudicial nas vindeiras horas.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/apunalamento_vilagarcia.flv{/flowplayer}