MEIS> O bo tempo adianta a previsión de vendima das adegas. Os técnicos de campo sitúan o comezo da colleita sobre o 10 de setembro. Tamén sinalan que a uva é abundante e de gran calidade.
Despois dun comezo de verán complicado, o bo tempo destas datas cambia de novo a previsión da vendima das adegas. A boa climatoloxía favorece a que a uva madure antes co que os técnicos xa sinalan o comezo da colleita sobre o 10 de agosto.
Nesta fase de maduración defínese a acidez, os arumes e o grado alcohólico das uvas. Os estudos das adegas sinalan a unha colleita abundante e de gran calidade.
Aínda que os traballos importantes como a aplicación de tratamentos no viñedo xa finalizaron, aínda hai tarefas que os viticultores teñen que realizar para garantir unha boa colleita.
Os técnicos de campo continúa pendentes do tempo. A climatoloxía podería volver cambiar as previsións e incluso favorecer a aparición de enfermidades como a brotitis. De cara a vendima, os técnicos tamén aconsellan ter todos os materiais preparados e desinfectados e tratar con moito coidado as uvas.