O II Rally Hog Galicia Chapter chega a Vilagarcía

    fotomotoscopia.jpg VILAGARCÍA> Os moteiros saíron o venres de Vilanova, e o sábado era o día adicado a Vilagarcía

    {flowplayer}images/salnes/ConcentracionMotos.flv{/flowplayer}

    Cunha axenda repleta de actividades, os algo máis de 50 moteiros que participaron nesta edición, encheron as rúas de ruido, de cor e de ganas de pasalo ben. A súa ruta incluíu desfiles polas rúas e tamén visitas turísticas e mesmo participaron na Feira das Tapas ou na Noite Meiga.

    Aínda que a asistencia foi menor da que agardaban dende a organización, esperan que en vindeiras edicións se poida aumentar o número de moteiros.

    Ó seu paso por Vilagarcía tamén foron recibidos por varios representantes do Concello. O domingo pola mañá continúa a ruta desta comitiva, despedindo así esta segunda edición do Rally, ata o ano que ven.

    Redacción Salnés