Profesionais do Hospital reclaman unha especialidade en Urxencias

    urxencias.jpgVILAGARCÍA> Por iso, esta mañá unha véntena de profesionais protagonizaron unha concentración ás portas de Urxencias.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_URXENCIAS_SALNES.flv{/flowplayer}

    Unha véntena de profesionais do servizo de urxencias do Hospital do Salnés concentráronse esta mañá diante destas instalacións co obxectivo de reclamar ó Estado a creación da especialidade de Medicina de Urxencias. Esta demanda enmárcase dentro da campaña iniciada pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias a nivel nacional.

    Unha concentración de corta duración pero cun obxectivo claro: reclamar ó Ministerio de Sanidade á creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias para garantilo servizo. Só se trata dunha reivindicación formativa, tal e coma explicou o vicepresidente da Sociedade de Medicina de Urxencias en Galicia, o doutor Vázquez Lima.

    Vázquez engadiu que esta concentración súmase ás xa celebradas en cidades coma Madrid, Cataluña ou Sevilla.

    E é que nestes momentos só existe unha especialidade secundaria en urxencias. Isto implica que os que desexen traballar neste área teñen que facer previamente os estudos de Medicina Familiar ou Interna. Un total de nove anos.

    Redacción Salnés