PONTEVEDRA> O Sindicato Unións Agrarias-UPA presentou esta mañá ante a Fiscalía Provincial de Pontevedra unha denuncia para que investigue…
{flowplayer}images/salnes/denuncia_uuaa.flv{/flowplayer}
… e castigue ós culpables do que eles entenden como unha forma tácita de modificar a lei comercial da oferta e da demanda e da libre competencia co fin de rebaixar o prezo da uva, favorecendo así ás grandes adegas e prexudicando ós viticultores.
Para este sindicato, o Consello Regulador da DO Rías Baixas acordou un rendemento moi inferior ó descrito polos técnicos e ó existente na realidade, que se situaría preto do 25 %. Razón pola cal entenden que si este Consello debería desaparecer tal cal está formulado posto que non defende os intereses dos viticultores; ó amparo da Consellería do Medio Rural. É por isto polo que amais de reclamar que se investigue e se indemniza canto proceda; van a crear un novo órgano que vixíe de preto estas prácticas.
Amais, esta forza sindical tamén ven de pedir ó antedito Órgano Regulador un aforamento das bodegas para ver se coincide a uva que declararon ca que venderon os viticultores.
Esta denuncia ven a sumarse ó outro litixio aberto ca Xunta de Galicia polas sancións impostas ós viticultores desde fai dous anos, precisamente polas sancións ós viticultores excedentarios; unha responsabilidade que desde Unións Agrarias aseguran que competería en calquera caso á adegas e non ós productores agrarios.
Redacción Salnés