Vilanova solicita a rebaixa a 20 metros da protección litoral

    litoral_vilanova100.jpgVILANOVA> A corporación acordou por unanimidade solicitar a rebaixa a 20 metros da protección litoral para os núcleos rurais.

    {flowplayer}images/salnes/litoral_vilanova.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> A corporación de Vilanova si se puxo de acordo para adherirse ó acordo plenario do Concello de Vilaboa para solicitar a equiparación do núcleo rural tradicional ó solo urbano.

    Deste xeito, solicitarase ó Estado a rebaixa a 20 metros da protección litoral para os núcleos rurais, garantizando así a legalidade das tradicionais construcións na costa. No caso de Vilanova, isto afecta a zonas como Currás ou as Sinas. A petición do PSOE, a corporación tamén acordou preparar unha moción similar á de Vilaboa para que outros concellos na mesma situación se adhiran a esta proposta.

    Tamén houbo unanimidade na moción presentada polo BNG para colaborar con organismos como a Consellería de Sanidade para programar actividades formativas de prevención da drogadicción. Sen embargo, non prosperou a outra moción nacionalista sobre o control de vertidos no litoral. O goberno asegurou que xa está a realizar tarefas nesa liña.

    Redacción Salnés