Un folleto recolle máis de 40 muíños da comarca de O Salnés

    SALNÉS > Propoñémoslles unha actividade lúdica pola comarca de O Salnés: o primeiro folleto de 2006 editado por Turismo Rías Baixas recolle información para disfrutar dunha rota de máis de corenta muíños.

    Son 3000 folletos que serán presentados en feiras nacionais e internacionais e nos que se dará a coñecer a riqueza patrimonial dos concellos de Ribadumia, Meis, Meaño, Sanxenxo e Vilanova de Arousa.

    Os asistentes na presentación participaron no Muíño de Chantada nunha moenda e no proceso de cocción do pan de millo. O folleto presentado, ademais de incluír fotografías de cada un dos muíños recuperados nos últimos anos, aporta numerosos datos sobre estas construccións capaces de aproveitar a enerxía derivada do cauce dos ríos. O obradoiro de emprego A Segorella contribuíu en Ribadumia á súa rehabilitación e favoreceu o desenvolvemento doutras actividades paralelas.

    O folleto distingue entre os muíños de herdeiros, os de parceiros –feitos por comunidades de veciños onde cada quen ten unha horas de moenda e os particulares, os máis abondosos. O novo material turístico será difundido nas principais feiras ás que asista o Patronato.

     

    Redacción Salnés