VILAGARCÍA> O BNG comprométese a levar ó Congreso unha iniciativa para demandar un ferrocarril galego de proximidade con prezos e frecuencias adecuadas. Carme da Silva ve necesaria unha liña que conecte todo o Eixo Atlántico e o centro de Galicia.
Dende o BNG denuncian que os traxectos ferroviarios en Galicia non teñen os prezos nin as frecuencias que debería ter unha rede de proximidade. A candidata pola provincia de Pontevedra ó Congreso comprometeuse a levar unha demanda ó goberno para reclamar un ferrocarril de que conecte todo o Eixo Atlántico e o centro da comunidade.
Carme da Silva prioriza a rede de proximidade sobre a do Ave porque é máis importante para os traballadores e estudantes galegos e para a poboación do interior.
Pola súa parte a portavoz do BNG en Vilagarcía resaltou a importancia destas problemáticas nunha vila con moita afluenza de pasaxeiros.
Dende o BNG propoñen aproveitar a liña ferroviaria vella para aumentar as frecuencias e chegar a todas as vilas que quedaron fora das novas vías.