Céltiga-Portonovo: partido da xornada na Preferente

SALNÉS> A xornada para os equipos do Salnés completarase cos encontros entre Arosa e Pontevedra B e o Alerta TravesasRibadumia; os de Pablo Vázquez buscan auparse ó liderato.

{flowplayer}images/salnes/preferente_230911.flv{/flowplayer} 

Noutros tempos tratábase dun derbi de Terceira, agora toca velo na Preferente Sur. Iso sí, polo pontecial de ambos planteis, o partido preséntase de sobra atractivo.

O Céltiga continúa no seu momento doce. Dende a chegada de Manuel Núñez ó banquiño do Salvador Otero, o seu equipo só perdeu un partido de liga. Ademais, o gol xa non é un problema, é unha virtude.

O Portonovo aínda se está a facer e aínda que ata o de agora sacou resultados meritorios, como as victorias ante Pontevedra B e Barbadás, cóntase que vaia de menos a máis.

Sobre o céspede atoparanse moitos coñecidos, Nacho ou Jacinto estarán no dobre pivote local despois de ter formado a mesma parella en Baltar, mentres que Marcos ou Ero xogarán nos visitantes despois de ter pasado polo cadro da Illa.

Outro dos encontro interesanetes da fin de semana é o que xogará o Arosa na Lomba ante o Pontevedra B. Os de Lino González queren seguir gañando partidos e mellorando a súa imaxe, despois do bo encontro que fixeron en Marín. 

O Ribadumia tentará seguir ó seu e sumar unha nova victoria que lle podería dar o liderato, dependendo do que faga o Pontellas. O seu rival o Alerta Travesas, un recén ascendido, que ata o momento recibíu goles con facilidade.

Redacción Salnés