Os campionatos europeos máster e élite de piragüismo maratón este verán en Pontevedra

PONTEVEDRA> A cidade do Lérez acollerá este verán os campionatos europeos máster e de elite de piragüismo maratón. Dende o 26 de xuño e ata o 3 de xullo os mellores deportistas destas categorías loitarán na auga por facerse co podium e porán de novo a Pontevedra no punto de mira de todo o mundo. 

 

Os campionatos europeos máster e elite de piragüismo maratón celébranse este ano en Pontevedra e dende o concello xa se está traballando na promoción da cidade coa competición. Unha imaxe co logo da mesma estruturada nuns cubos de gran tamaño será a que se vexa en varias das competicións deportivas deste ano.

Outra das competicións nas que se poderán ver é o campionato de España de maratón que se celebrará en Cataluña e que é unha das probas selectivas para a clasificación do campionato europeo. Aínda que como insistía a edil de Deportes os verdadeiros embaixadores son os clubs da cidade e a Federación galega de Piragüismo.

Anxos Riveiro quixo salientar que o principal obxectivo deste evento internacional é potenciar aos clubs pontevedreses e que o piragüismo saia reforzado, mais non esquecen as oportunidades que se lle presentan á cidade.

Espérase unha participación duns 400 deportistas por cada competición que se celebrarán do 26 ao 30 de xuño a Máster e do 1 ao 3 de xullo a Sénior. Dende o concello agardan que toda a cidade se vexa involucrada nestes campionatos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/ponte_por_cespa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/ponte_por_cespa.mp4{/flowplayer}