Liceo Casino e Est.Otero debutan en División de Honra

CAMBADOS> Arranca esta fin de semana é a División de Honra do tenis de mesa nacional. Nesta competición haberá por primeira vez dous equipos do Salnés, o Liceo Casino de Vilagarcía, e o Establecimientos Otero de Cambados. Ambos parten co obxectivo de acadar a permanencia.

{flowplayer}images/salnes/tenisdemesa_230911.flv{/flowplayer} 

Logo dunha longa pretemporada repleta de torneos de verán, chega por fin o tan ansiado inicio de liga. O Establecimientos Otero debuta mañá ante o Aritmos Borges catalán, a partires das 17:00 en San Tomé. Un rival ben coñecido polos cambadeses ó que xa superaron o ano pasado na fase de ascenso.

O equipo volverá a estar formado por Fernando Padín, Adrián Vidal e Kazeem Ahmed. O nixeriano, coñecedor da categoría, volverá a ser o xogador de referencia. 

O máis xoven do equipo será Fernando Padín, de tan só 17 anos. Debuta na categoría con ilusión e gañas de aportar o seu gran de area. 

O outro equipo do Salnés que xoga en División de Honra, debutará ante o Club del Mar da Coruña, nun partido que se prevé igualado pero no que os visitantes parten con certo favoritismo.

Redacción Salnés