Portonovo, Vilalonga e Sanxenxo disputan os primeiros amigables da tempada

pretempada2 copia.jpg SALNÉS> Estrearase o Portonovo mañá ás sete e media da tarde en Baltar de Arriba. Enfronte terá ó Negreira, que milita en Tereceira. No mesmo campo pero no domingo, os de Calucho recibirán ó Arousa mentres que o Vilalonga verase as caras co Coruxo de Josiño Abralde.

{flowplayer}images/salnes/PreviaFutbolFinde280711.flv{/flowplayer}

Na Terceira División e na Preferente Sur, os equipos do Salnés, continuando co traballo de pretempada que veñen realizando nos últimos días medirán as súas forzas esta fin de semana en distintos partidos amigables. O Portonovo disputa mañá ás sete e media da tarde en Baltar de Arriba o seu segundo partido nesta pretempada. O conxunto de Luís Casais enfrontarase ó Negreira que milita na Terceira División. Neste encontro os arlequinados tratarán de mellorar o resultado que acadaron contra o Colmenar, contra os que caeron por 0 a 3.

Por outra banda o Sanxenxo debutará o domingo. Os de Calucho recibirán tamén en Baltar de Arriba, ó Arousa. Un rival coñecido ante o que tratarán de deixar unha boa imaxe no inicio da súa andaina na Terceira División. O obxectivo dos amarelos para este ano pasa por acadar a permanencia, ó igual que o Vilalonga, que tratará de acadar o antes posible os puntos precisos para asegurar a estancia na Terceira División.

O rival dos blanquiazuis no amigable desta fin de semana será o Coruxo, de Josiño Abalde, que milita na segunda B. Cinco partidos lle agardan ó Vilalonga ata o debut ligueiro do vindeiro 28 de agosto, cando visitarán a Malata para medirse ó Rácing de Ferrol.

Redacción Salnés