Alarma ante o permiso carcerario concedido a Oubiña

    1

    laureano_oubina.jpgSALNÉS> Laureano Oubiña goza dun permiso carcerario de 3 días, o primeiro que ten desde que entrou en prisión en 1990 condenado na Operación Nécora.

    Desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico xa amosaron o seu total desacordo e a súa preocupación e alarma. Consideran que a concesión deste permiso prexudica notablemente a eficacia da loita contra o narcotráfico. Consideran imprudente que se lle dera a un preso que tivo que ser detido no seu momento pola Interpol tras un ano fuxido da xustiza.

    Tamén advirte a Fundación, que este tipo de actuqacións xeran desánimo na opinión pública porque ofrecen sensación de impunidade. Alertan ademais das graves consecuencias dunha posible fuga de Oubiña e avogan por manter a máxima firmeza no combate ó narcotráfico.

    A autorización outorgada a Laureano Oubiña foi moi controvertiva porque o xuíz de vixilancia firmouna en contra do ditaminado pola Xunta de Tratamento do penal e tamén contra a oposición inicial do fiscal. Deste xeito, o narco arousán a penas vai poder abandonar a habitación do hotel de Palencia no que se atopa aloxado desde o venres. Nestas 72 horas de permiso ten prohibido saír do entorno do penal, e tampouco pode usar un avión, nin ningún outro medio para vir a Galicia, e moito menos, a Arousa, lugar onde cometeu o delito.

    A Oubiña quédanlle só seis meses de cárcere. Tiña que cumprir pena ata 2018 pero ó abrir o Tribunal Constitucional a posibilidade de refundir as condenas, conseguiu reducila más de seis anos polo que a súa saída definitiva está prevista para o 17 de marzo de 2012.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR