![]()
MEIS> O obxectivo desta iniciativa é fomentala práctica deportiva da bicicleta de montaña e o contacto coa natureza.
{flowplayer}images/salnes/CENTRO_BTT_SALNES.flv{/flowplayer}
Esta mañá a Secretaria Xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou no Salnés o primeiro Centro BTT, bicicleta todo terreo, de Galicia. Este espazo é o primeiro dunha rede que se estenderá pola Comunidade e que contará polo menos con seis instalacións.
O obxectivo desta iniciativa, impulsada pola Consellería de Turismo en colaboración cos concellos, é fomentala práctica deportiva da bicicleta de montaña e o contacto coa natureza. Este primeiro Centro BTT de Galicia, situado ó carón do campo de golf de Meis, é un produto complementario ó patrimonio natural e cultural da zona, segundo a Secretaria Xeral para o Turismo.
Os centros son máis que instalacións de apoio á práctica do ciclismo de montaña. Aquí, os usuarios poderán atopar todo tipo de servizos e rutas, neste caso dez percorridos de diferente dificultade polo que podería participar todo tipo de público.
Pola súa banda, o Presidente da Deputación de Pontevedra puxo de relevo o esforzo feito polos concellos de Meis, Ribadumia e Cambados xa que se trata dun novo atractivo turístico para as Rías Baixas.
Redacción Salnés









