Tranquilidade en Portonovo trala liberación do ‘Mattheos I’

    liberacion_mattheos copia.jpgSANXENXO> Na casa de José Antonio Aguín, en Portonovo, respirábase hoxe tranquilidade. Despois de semana e media de incertidume, …

    {flowplayer}images/salnes/liberacion_mattheos.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> Na casa de José Antonio Aguín, en Portonovo, respirábase hoxe tranquilidade. Despois de semana e media de incertidume, recibiron a boa nova da liberación do petroleiro Mattheos I, secuestrado en augas do Golfo de Guinea con 23 tripulantes a bordo, entre eles o seu fillo Damián.

    Ata martes ou mércores da vindeira semana terán que agardar para recibir a Damián. Mentres, seu pai presionará ante o ministerio de asuntos exteriores e cooperación para que traten de solventar un novo problema da tripulación, onde soltar a carga de gasoil que lles queda. E é que parece confirmarse que non se tratou dun secuestro con solicitude de diñeiro senón dun roubo, xa que os piratas xa se levaron 7.500 toneladas métricas de gasoil dun total de 46 mil toneladas.

    O petroleiro foi liberado a unhas 200 millas ó sureste de Lomé, capital de Togo logo de dez días de intranquilidade, sobre todo, para os familiares. Para o portonovés Damián Aguín este era o seu segundo embarque.

    Redacción Salnés