Traballo aposta pola formación e o empregos en Catoira e A Illa

    obradoiro100_231007.jpgSALNÉS > A Consellería de Traballo renovou a súa aposta polos obradoiros de emprego. Catoira e a Illa son os últimos beneficiados…

    …na comarca de Arousa. 29 desempregados no primeiro caso, e outros 45 no segundo recibirán formación nos próximos doce meses en diversos oficios, como carpintería, albanelería ou xardinería. Captoria é o do Obradoiro de Emprego que entra en funcionamento este ano no Concello de Catoira.

    O goberno local xa abriu o proceso de selección de persoal para contratar a 29 persoas desempregadas, que traballarán nos módulos de albanelería, carpintería e xardinería. O proxecto conta cun orzamento duns 569 mil euros e no seu plan de traballo recolle, entre outras tarefas, a recuperación de fontes, lavadeiros, muíños de vento ou parques infantís, ademais da creación dun campo de fútbol ou a construcción do escenario para o teatro da Romaría Vikinga. Na Illa de Arousa tamén se abriu o proceso de selección para cubrir as 45 prazas do segundo obradoiro de emprego Nordés. As especialidades formativas serán construcción, carpintería, xardinería – medio ambiente, e construcción naval.

    O proxecto conta cun orzamento duns 883 mil euros, e inclúe, entre outras obras, a rehabilitación dun lavadoiro e dun pozo, o acondicionamento do monte Palmeira e da nave de servizos municipais, ademais da construcción de embarcacións de poliéster. En ambos obradoiros, ponse como requisito ós alumnos estar inscrito no INEM e ter máis de 25 anos, e terán preferencia as mulleres. O impreso de solicitude xa o poden recoller en ambos concellos e deberán entregalo nas oficinas do INEM de Vilagarcía.

    Redacción Salnés