![]()
SANTIAGO> É o balance da campaña contra incendios en Galicia no que vai de ano. Tamén aumentaron os lumes nocturnos, a maioría provocados.
{flowplayer}images/salnes/CAMPANA_INCENDIOS_PARLAMENTO_2011.flv{/flowplayer}
Segundo explicou o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, no que vai de ano contáronse 4.365 incendios forestais en toda Galicia, 2.113 na provincia de Pontevedra e case dous mil na da Coruña. Son máis que os rexistrados no 2010 pero de menor envergadura, polo que a superficie arrasada reduciuse en máis de mil hectáreas con respecto ó mesmo período do ano pasado, quedando a día de hoxe en 12.702 hectáreas calcinadas entre arborado e vexetación rasa. A destacar a ausencia de grandes incendios, é dicir, aqueles nos que arden máis de 500 hectáreas.
O que non varían son as causas máis comúns dos lumes: a meirande parte son intencionados, e como mostra, destaca o aumento de incendios nocturnos: máis perigosos, de difícil extinción e os que reportan máis risco para os equipos de extinción.
Juárez conclúe que este ano se están cumprindo tódolos obxectivos marcados no Pladiga, o Plan de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais de Galicia, situando o número de incendios e a superficie queimada por debaixo da media dos últimos anos.
Redacción Salnés







