Delfín Fernández: ‘En Sanxenxo a delincuencia está controlada’

    catalina_delfin copia100.jpgSANXENXO> O concello celebrou esta mañá a xunta local de seguridade, que estivo presidida pola alcaldesa e o subdelegado do Goberno en Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTA_SEGURIDADE_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    En Sanxenxo a taxa de delitos contra o patrimonio sitúase 15 puntos por debaixo da española, índice que ademais experimenta unha tendencia á baixa. Esta evolución tamén se percibe na taxa de criminalidade, un valor que contempla os delitos por cada mil habitantes, incluídos os de tráfico. Neste caso, a estatística sitúa a Sanxenxo por enriba do resto de España debido á influencia da variación poboacional que experimenta o concello ó longo do ano.

    No eido da violencia de xénero, 2010 foi un bo ano para Sanxenxo: só se presentaron 15 denuncias, tres menos que no 2009, correspondentes con 10 vítimas. No que vai de 2011, esta cifra sitúase xa nas 17 denuncias e 11 afectados, ningún en risco alto.

    Alcaldesa e subdelegado valoraron positivamente as cifras de todo o informe; un éxito que Catalina González atribuíu á colaboración.

    O traballo en materia de seguridade vial realizado polo concello tamén foi destacado por Delfín Fernández. Nos últimos 12 anos só unha persoa faleceu no ámbito urbano de Sanxenxo que, despois de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía sitúase como o municipio con máis infraccións detectadas.

    Redacción Salnés