O centro de día de Outes celebra o seu décimo segundo aniversario

OUTES> O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar,  Perfecto Rodríguez, participou esta mañá en Outes, no acto de celebración do décimo segundo aniversario do centro de día da localidade.

O centro de día de Outes está de aniversario. Cumpre doce anos dende a súa entrada en funcionamento. e hoxe celebrouno de xeito especial, coincidindo ademais coa conmemoración neste primeiro de outubro co Día Internacional das Personas de Idade. Non quixo perderse tampouco a efeméride o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, quen destacou o bo funcionamento deste equipamento, un dos máis lonxevos da rede de centros de atención ós maiores que xestiona a Xunta de Galicia.

Tamén participou no acto o alcalde, Manuel González.

Ademais do persoal do centro e os boa parte dos trinta usuarios que habitualmente empregan as instalacións, no acto déronse cita tamén familiares, que quixeron acompañar neste día ós seus seres queridos, participando nas diferentes actividades programadas, como unha exposición fotográfica, actuacións musicais e unha merenda.