BOIRO> Boiro Novo celebrará este sábado, día dezaoito ás sete e media da tarde, na fonte de Ponte Goiáns, o Día da Galiza Mártir. Cándido Castillo, coñecido no municipio como “Pichón”, será o mártir homenaxeado no acto. O lugar foi escollido porque nesta fonte o réxime franquista asasinou a Cándido Castillo por estar vinculado ós sindicatos. Con este acto, Boiro Novo tamén solicita ó goberno local que se retiren tódalas simboloxías franquistas que están presentes no concello de Boiro. Piden que se cumpra a Lei de Memoria Histórica, posta en marcha fai once anos. Na homenaxe, tamén estará presente a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza. O seu obxectivo, non esquecer e ter presente a todos aqueles que sufriron a ditadura franquista.
Inicio BARBANZA