O concello de Boiro dedicará unha praza ós navegantes

BOIRO> Será no cruce da Avenida da Constitución onde se construirá a nova glorieta. Estará presidida por unha áncora doada pola familia Fajardo López.

A tradición mariñeira de Boiro e a súa fonda vinculación coa actividade pesqueira foron so principais motivos para que o concello decidira dedicar unha praza ós navegantes. O lugar elixido será o cruce da avenida da Constitución coa de Barraña, onde antes estaban os semáforos e no que se proxecta a construción dunha rotonda na que se instalará a áncora dun petroleiro cedida ó concello pola familia Fajardo López.

Este novo espazo formará parte dun proxecto integral de remodelación da zona que se está a acometer con cargo a unha subvención do POS da Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí