A folga do lixo preocupa ós hostaleiros nas vésperas da Festa do Mar

    folga_lixo_enpoio_100.jpgPOIO > Cúmprense un día máis da folga dos traballadores da recollida do lixo en Poio, a cuarta xornada, e tamén aumentan ó mesmo tempo a cantidade de residuos …

    … que se acumulan nas rúas. Calcúlase que xa hai 100  toneladas de desperdicios que hai agora amoreadas xunta ós colectores. A suciedade tamén se deixa ver nas beirarrúas onde se suman os restos de envoltorios, papeis, plásticos, e tamén de comida nas papeleiras. O resultado, que o cheiro xa chega ata as casas e ós locais comerciais.

    As praias de Raxó e o casco histórico de Combarro son dous dos lugares máis afectados. O pesimismo dos hostaleiros de Combarro ante a imaxe de suciedade que dan as súas rúas, polas que cada día pasean decenas de visitantes, increméntase de cara mañá, co arranque da Festa do Mar.

    Mañá pola mañá os empregados da recollida do lixo de Poio reuniranse en Santiago coa empresa concesionaria do servizo municipal na localidade, Cespa, para intentar chegar a un acordo sobre os seus salarios, duns 600 euros, mediante a intervención do servizo galego de arbitraxe. Aquí tamén se tratará a situación dos servizos mínimos, que só se fan agora nos centros sanitarios, e que o goberno local pide que se incrementen. O concello espera que na xuntanza de mañá se solucione a crise, logo de que fracasara o seu intento de modificar o contrato que teñen con CESPA. A empresa pedía un aumento anual de 50.000 que o executivo local considera esaxerado.

    Redacción Salnés