![]()
GROVE> Con esta mobilización quixeron apoiar as levadas a cabo noutros puntos de Galicia. Pero tamén denunciaron a situación na que se atopa o se centro.
{flowplayer}images/salnes/ProtestaAlumnosMonteDaVila.flv{/flowplayer}
Uns cen alumnos que se uniron así as protestas convocadas para hoxe en distintos puntos de Galicia, como Santiago ou Vigo. Neste instituto do Grove levaron a cabo a súa propia concentración. Os motivos, moitos e moi diversos. Protestan contra os recortes levados a cabo tanto dende a consellería de educación coma dende o goberno central, pero queren que o eixo principal da súa mobilización sexa o que ocorre xusto aquí, no seu centro. Entre outras cousas o elevado número de alumnos por aula.
No que se refire ó profesorado, aseguran os alumnos que hai profesores que teñen que impartir clases que non teñen que ver coa súa área. Ó resto das súas demandas atenden sobre todo a cuestións relacionadas co estado do edifico; canastras en mal estado, porterías nas que non se pode xogar ou falsos teitos a piques de caer. Hoxe estiveron cortando o tráfico diante do instituto durante toda a mañá, o que sería o seu horario lectivo, e non descartan volver a facelo.
Dende a dirección do centro non quixeron facer declaracións sobre o tema iso si o seu director Carlos Calviño asegurou que os rapaces estaban a actuaran correctamente no que se refire ó xeito de convocar a folga e levala a cabo.
Redacción Salnés








