A ANPA do IES A Salgueira mobilízase para que o concello ou a Xunta desinfecten o pavillón de Vilalonga

VILALONGA> A ANPA do IES A Salgueira mobilízase para reclamar o uso do pavillón de Vilalonga para as clases de educacións física. O centro non pode utilizar as instalacións porque o pavillón non conta cun servizo de desinfeccións. Piden á consellería e ao concello que se poñan de acordo para garantir un ensino de calidade.

O inicio do curso escolar non está sendo nada doado nos centros educativos. Moitos colexios e institutos teñen problemas para adaptar as medidas anti covid. Nesa situación atópase o IES A Salgueira que non pode utilizar o pavillón de Vilalonga porque non conta cun servizo de desinfeccións. Para loitar por un ensino de calidade, a ANPA do centro comezou a mobilizarse.

O problema co que se atopa o centro é que nin a consellería de educación nin o concello se poñer de acordo para desinfectar o pavillón.

Para o IES A Salgueira este será un dos anos con máis alumnos matriculados. Para poder cumprir coas medidas anticovid era necesario aumentar o profesorado con dous mestres máis. Isto foi fundamental para que o alumnado de bacharelato poda volver ás aulas.

Dende a ANPA destaca a labor que fixo o equipo directivo do centro chegando a deseñar ata 4 protocolos. Móstranse contentos coas medidas adoptadas aínda que asumen, que se non traballan todos no cumprimento das normas, o risco sempre vai estar presente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí