A chuvia pon en ‘stand by’ a vendima nas Rías Baixas

MEIS> A chuvia condiciona a vendima en Rías Baixas. A entrada de uva nas adegas está paralizada por culpa do mal tempo. É o caso de Mar de Frades, onde están a vivir unha das campañas máis madrugadoras que lembran: comezaron o pasado 25 de agosto. Con todo os seus responsables auguran unha vendima longa, logo dun primeiro parón a semana pasada e agora outro que, como mínimo, se prolongará ata o venres.

Xornada de pouca actividade nos viñedos de Rías Baixas. Estamos en plena vendima, pero a chuvia marca hoxe os traballos. A uva non está a entrar nas adegas por mor do mal tempo. É o caso de Mar de Frades.

Así que ante esta situación, auguran unha campaña longa.

E as chuvias destes días como afectas nas uvas que aínda non se recolleron?

Aquí en Mar de Frades a vendima comezou o pasado 25 de agosto, unha das campañas máis adiantadas que lembran aquí. Arrancaron a moi bo ritmo, con boas temperaturas e maduración perfecta.

E aínda que é cedo para dicilo, aquí tamén cren que esta será unha moi boa anada, aínda que sen atreverse polo momento a cualificala de ‘excelente’ como a de 2024, á espera de fermentar todos os mostos e catar todos os viños.