A Xunta vai investir máis de 320.00 na estrada de Cornazo

    cuervo_100_001.jpgVILAGARCÍA > A Xunta vai a investir máis de tres centos mil euros na mellora, ampliación e contrucción de beirarrúas

    … na estrada provincial 301 ó seu paso Cornazo. A Consellería de Política Territorial xa lle remitiu ó concello o proxecto no que se contempla a execución das obras. A mellora da rede viaria do Cornazo súmaselle as actuacións xa aprobadas en Bamio e Solobeira.

    As xestións levadas a cabo polo executivo local de Vilagarcía deron os seus froitos. Política Territorial xa lle remitiu ó Concello o proxecto de mellora da estrada do Cornazo. Esta actuación contempla a construción dun novo tramo de beirarrúas de 700 metros a ámbolos dous lados da vía que continúe as xa existentes, e bandas de aparcamento de 2 metros de ancho nos tramos onde sexa posible. Tamén se aproveitará a obra para ensanchar e mellorar o vial, así coma para a instalación dunha rede separativa para a recollida das augas pluvias. Ademais do Cornazo, as estradas das parroquias de Solobeira e Bamio tamén van a recibir actuacións similares, coas que se pretende mellorar a seguridade dos peóns.

    Dende o concello, o edil de obras, Manuel Rodríguez Cuervo, asegura que están satisfeitos pola decisión de Política Territorial de incluír o custe total destas obras nos orzamentos da Xunta para o 2008. Esta era unha petición que Vilagarcía estaba a facer dende hai tempo, e que o anterior goberno da Xunta, daquela gobernado polo Partido Popular, lle negara. O investimento que vai a destinar a consellería de política territorial para os tres proxectos ascende ós dous millóns e medio de euros.

    Redacción Salnés