14 adegas ofrecen os seus mellores viños na Festa do Tinto do Sanés en Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia xa goza da Festa do Tinto do Salnés. Este venres tivo lugar a inauguración oficial da LIII edición , na que 14 adegas ofrecen os seus mellores viños. Pola carpa instalada no centro de Barrantes xa pasaron centos e centos de persoas. Agárdase unha edición multitudinaria grazas ao bo tempo e as temperaturas agradables que se prevén para esta fin de semana. Este sábado celebrarase o día grande, co xantar de confraternidade, a investidura dos valedores do viño e a gran cata final do concurso.

14 adegas ofrecen desde este venres os seus mellores viños na Festa do Tinto do Sanés e exaltación das variedades autóctonas, en Ribadumia. Como manda a tradición, o corte de cinta marcou o inicio oficial da LIII edición. Os adegueiros participan na cita cunhas expectativas moi altas, tendo en conta ademais que o tempo e as temperaturas suaves convidan a que se acheguen milleiros de persoas.

Dende o concello, tamén destacan as altas expectativas para esta fin de semana na que Ribadumia se converte en parada obrigada para amantes do viño.

Dende as adegas, ademais, achéganse a esta cita orgullos do seu produto. Cóntannos que este ano ten unha moi boa calidade.

Opinión que xa compartían este venres os primeiros visitantes á carpa, coa degustación das primeiras cuncas.   

Para os ribadumienses o desta fin de semana é máis ca unha festa. Para algúns supón dar continuidade a unha tradición familiar que xa vén de vello.

E tamén para que esa tradición se manteña viva é fundamental que se incorpore a xente nova.

Este sábado terá lugar o día grande, coa cata final do concurso, a investidura dos valedores e o xantar.

A festa, ademais, inclúe multitude de propostas paralelas. Entre elas, dous showcooking. Un deles xa se celebraba este venres.

A cita complétase con actuacións musicais. No cartel: Os Festicultores, A Mecánica, Antonio Barros coa Agrupación Musical de Ribadumia e grandes orquestras, como Olympus, América de Vigo, Capitol ou Panorama.