A primeira fase da rexeneración da Ribeiriña rematará en novembro

    mellorasribeirinha.jpgPOBRA> O alcalde, Isaac Maceiras, informou da boa marcha das obras, cun orzamento dun millón de euros, que está a ser financiada polo Ministerio de Medio Ambiente.

    {flowplayer}barbanza/mellorasribeirinha.flv{/flowplayer}

    Aqueles que se acheguen agora ata a Ribeiriña comprobaran cambios significativos na zona. O desmantelamento da vella fábrica de La Onza de Oro, permitiu crear unha gran explanada de terreo que en breve se converterá nunha ampla zona verde de ocio para disfrute de veciños e visitantes. Operarios de Tragsa, empresa que acomete as obras, afánanse estes días nos labores de acondicionamento do terreo. É unha das poucas actuacións que restan para o remate desta primeira fase, un proceso que o rexedor pobrés confía en que poida estar rematado antes de finais do mes de novembro.

    2ª fase

    O alcalde informou ademais que unha vez rematada esta primeira fase, en cuxa actuación o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Demarcación de Costas, investiu un millón de euros, darase paso a unha segunda na que se incluirá un parque infantil e unha área deportiva.

    Redacción Barbanza