As chaves do porto, no teu dispositivo

    VILANOVA> Unha aplicación móbil para a ‘nova xeración de portos intelixentes’. Esta mañá, presentouse na estación marítima de Vilanova a experiencia piloto desta nova chave virtual. Previo rexistro, permitirá abrir as portas dos embarcadoiros onde o usuario atraque. Un novo sistema co que facilitar as cousas aos turistas que decidan visitar as vilas polo mar.

     

    Esta aplicación convertirase na chave para acceder aos recunchos do porto de Vilanova. En algo máis dunha semana, o peirao da vila acollerá a posta en marcha dun proxecto piloto: unha aplicación a modo de chave intelixente no móbil ou no smartwatch que permitirá abrir as instalacións aos visitantes.

    Con este proxecto piloto, Portos de Galicia da un paso máis no seu traballo para fomentar o coñecemento e as visitas das Rías Baixas, como reclamo para desestacionalizar o turismo.

    Esta aplicación é froito da colaboración público-privada, e nace dentro do marco dun proxecto máis ambicioso: “Cruceiros costeiros de Galicia”, que busca abrir o mar e as rías á poboación en xeral e á navegante en particular. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/jj_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/jj_vilanova.mp4{/flowplayer}