A Mancomunidade presenta o seu libro de análise dos servizos públicos

    mancomunidadecopy.jpgSALNÉS> Neste documento, nacido a raíz da crise económica, analízanse os servizos públicos nos concellos e ofrécense consellos para aforrar.

    {flowplayer}images/salnes/LIBRO_BRANCO_MANCOMUNIDADE.flv{/flowplayer}

    Despois de facer un percorrido pola historia da Mancomunidade do Salnés, este libro branco recolle o contido do Pacto Local de Galicia. Con dito documento, onde se plasman as competencias de cada administración, desde o ente comarcal quixeron amosar que, nestes momentos, os concellos seguen prestando os mesmos servizos con menos orzamento.

    En canto a análise dos servizos públicos, o libro deixa patente que a auga subministrada pola Mancomunidade é unha das máis baratas de Galicia. Algúns municipios teñen unhas tarifas tres veces inferiores ás dalgunha cidade galega.

    Tamén abrangue este libro o servizo de alcantarillado e outros impostos. Pero sen dúbida o servizo de recollida de lixo é o máis deficitario dos que prestan os concellos do Salnés.

    Ademais, en canto a este servizo, desde a Mancomunidade recomendan un servizo de cobro cuadrimestral. Coma conclusión, sinalaron que resulta imprescindible realizar unha equiparación entre o prezos dos servizos públicos básicos e os custes reais dos mesmos.

    Redacción Salnés