![]()
CAMBADOS> Na concentración, que se celebrou ás doce e media do mediodía, participaron máis de sesenta docentes deste instituto.
{flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_MESTRES_ASOREY.flv{/flowplayer}
Unha vez máis esta mañá centros educativos de toda Galicia fixeron concentracións ás portas dos institutos. Esta mañá estivemos no IES Francisco Asorey, de Cambados, onde máis de sesenta docentes manifestaron o seu rexeitamento ós recortes en Educación.
Neste senso, nos últimos días, o claustro deste instituto de Cambado mandou unha carta ó Conselleiro de Educación onde lle amosaban o seu rexeitamento á orde que regula a súa xornada de traballo. Neste documento recóllese, entre outras cousas, que os docentes teñen que ocuparse do coidado dos alumnos que chegan en autobús.
Isto acontece ó tempo que non lles conceden máis profesores para ocuparse destas tarefas. En consecuencia, diminuirá a calidade educativa, asegura este profesor.
Outros institutos da comarca, coma os de Vilanova, A Illa ou o Grove sumáronse hoxe a estas mobilizacións. Mentres, desde a Consellería informaron a través dun comunicado que hoxe se desenvolveu con total normalidade a actividade educativa.
Redacción Salnés







