O PP solicitará que se endurezan as penas por condución temeraria

    marta_rodriguez100.jpgVILAGARCÍA> A deputada Marta Rodríguez levará ó Parlamento unha proposición non de lei co obxectivo de endurecer o Código Penal.

    A iniciativa foi promovida polo colectivo de amigos de Manuel Abalo, que recolleu 8.000 sinaturas para solicitar un endurecemento das penas por condución temeraria. O colectivo organizou unha manifestación, no mes de decembro, polas rúas de Vilagarcía que contou co apoio dun amplo sector da sociedade vilagarcián.

    Agora o PP súmase á causa e instará á Xunta a dirixirse ao Congreso dos Deputados para endurecer o código penal.

    A morte de Manuel Abalo causou un fondo pesar entre a sociedade vilagarcián. O rapaz foi atropelado por un condutor que circulaba a velocidade excesiva nunha céntrica rúa de Vilagarcía. O autor do atropelo deuse á fuga, segundo relataron as testemuñas alí presentes. Unha conduta que non foi penada con cárcere. Tras pagar unha fianza de 20.000 euros, o condutor abandonou a cadea e está en liberdade.

    O Partido Popular solicitará na sesión Parlamentaria da vindeira semana que este caso non se repita. E que se pene con cárcere a omisión de socorro, no caso de accidentes de tráfico.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/150509_pp_endurecimiento_penas_trafico.flv{/flowplayer}