CALDAS> Así de rotundo se amosou esta mañá o alcalde de Caldas de Reis en relación ós problemas de abastecemento de auga potable.
{flowplayer}images/salnes/PROBLEMAS_AUGA_CALDAS.flv{/flowplayer}
En Caldas de Reis, o abastecemento de auga potable está garantido cando menos para hoxe e mañá. Este foi o compromiso que obtivemos esta mañá do rexedor local, Juan Manuel Rey, en relación ós problemas co subministro. E engadiu que o problema segue a ser preocupante sobre todo se a climatoloxía segue como nas últimas dúas semanas.
A solución é clara: que cheguen as choivas. Así de rotundo se amosou esta mañá o alcalde de Caldas de Reis en relación ós problemas de abastecemento de auga potable que como cada ano padece esta vila por estas datas.
Aínda que a situación xa era preocupante o luns, hoxe Juan Manuel Rey asegurou que o subministro está garantido, cando menos ata mañá. Con todo, non descartan ter que botar man de camións cisternas para abastecer de auga a todo o casco urbano xa que, asegurou, será imposible manter esta situación se continuamos coa mesma climatoloxía. Alternativa que xa fora abordada o luns na xuntanza que mantivo co presidente de Augas de Galicia.
Mentres tanto, o concello está somerxido en negociacións para logralos 10.000 metros de terreo necesarios para ampliala estación de tratamento de auga potable. Rey confía en acadar un acordo esta semana con dous propietarios de fincas no entorno de Pedra do Pan. En ditos terreos, Augas de Galicia construiría outro tanque de similares características ó existente para garantilas reservas de auga en épocas de dificultades. Será un gran logro, asegurou o alcalde xa que suporía pór fin ós problemas de abastecemento que esta vila padece desde o 2006.
Redacción Salnés