Bo marisco e de calidade no arranque de campaña en Noia

iniciocampananoia100.jpgNOIA> Unha semana e media despois do previsto arrancaba por fin a campaña marisqueira en Noia.

{flowplayer}barbanza/iniciocampananoia.flv{/flowplayer}

Tardou en arrancar por culpa do toxina pero fíxoo con forza. Este xoves, os mariscadores da confraría de Noia inauguraron unha campaña que, segundo as primeiras impresións, preséntase boa.

Os mariscadores faenaron principalmente nas inmediacións da Misela. Foron ben poucos os que tiveron dificultades para coller os topes fixados en 25 quilos de berberecho para o colectivo de a pé e corenta para os de a flote. A ameixa ten un cupo máximo de dez quilos cada variedade.

A pesar da boa impresión xeralizada, hai quen agoira unha campaña peor que en anos anteriores ante a escasa presenza de cría.

Haxa máis ou menos marisco, o que realmente decidirá a campaña é a cotización que acade en lonxa ó longo das distintas xornadas de traballo. Agardan que o berberecho de primeira categoría non baixe dos vinte euros tal e como aconteceu o pasado ano.

Redacción Barbanza