A concellería de Cultura de Noia organiza a XI Semana da Historia

NOIA> Hai uns días presentábase unha nova edición da Semana da Historia.

Organizadas pola concellería de Cultura, as xornadas, xa un habitual na programación cultural noiesa, desenvolveranse do 6 ó 13 deste mes de maio no coliseo Noela.

Un ano máis a coordinación das xornadas correrá a cargo do historiador Xerardo Agrafoxo. El será o encargado de abrir o ciclo de charlas coa presentación da guía cultural ‘Noia Terra Privilegiata’, que dá título tamén a esta Semana da Historia.

Como en anos anteriores as xornadas porán en valor distintas áreas como poden ser a historia, a arte ou a música.

Contarase con poñentes de gran talla como é o caso da arqueóloga e historiadora Manuela Pérez Mato, o profesor da USC Xosé Manuel Sánchez ou o doutor en xeografía urbana Pedro García Vidal, entre outros

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí