POBRA> Este próximo domingo 6 de marzo arrancará na Pobra o ciclo de teatro afeccionado organizado pola concellería de Cultura. A primeira das citas correrá a cargo da compañía Teatro das Maniotas do IES de Brión coa obra ‘As do peixe’, de Bailadela.
Seguiranlle o día 13 o Grupo Municipal de Teatro de Ribeira coa obra ‘O rei Telesforo busca noiva’ e o día 20 a Escola de Teatro de Narón coa peza ‘Noite de Reis’. O encargado de pechar este ciclo teatral será o Grupo de Teatro A Pombiña coa obra ‘Socorro’, o día 27.
Dende o Concello fan unha chamada a participar nestas funcións.
As sesión serán todas gratuítas, os domingos, ás sete da tarde. Para poder asistir, as persoas interesadas deberán previamente facer a súa reserva na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545.
A programación conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.