O concello de Lousame paraliza a instalación dunha antena en Tállara

paralizacionantenatallara_100_170907.jpgLOUSAME O executivo de Lousame dictou unha orde de paralización temporal das obras para a instalación dunha antena de telefonía en Tállara..

Os veciños de Guiende e Barreira, en Lousame, comezaron a semana pasada a súa particular cruzada para que non se instale unha antena de telefonía móbil nas proximidades das súas aldeas.

As máis de cen persoas residentes nestes núcleos e afectadas pola instalación do repetidor manifestaronse no lugar das obras de instalación para amosar a súa disconformidade e pedir que se separe polo menos outros trescentos metros das aldeas en dirección á canteira.

As súas queixas foron oidas polo goberno local de Lousame, que acordou dictar unha orde de paralización, polo de agora temporal, das obras de instalación da antena.

A empresa que está a levar a cabo as obras solicitara no concello unha licenza de actividade para a súa execución, pero cando aínda non fora concedida, xa comezaran cos traballos de instalación. A licenza non pudo ser outorgada polo de agora porque necesita o visto bo da Consellería de Medio Ambiente, ao tratarse dunha actividade clasificada. Os veciños de Guiende e Barreira acolleron cos brazos abertos a decisión do concello de paralizar temporalmente as obras.

Licenza definitiva

Segundo a empresa, comezaron coas obras antes de ter a licenza definitiva porque este xa fora o xeito de operar que seguiran noutros concellos ao instalar infraestruturas destas mesmas características.

Asemade, ante a preocupación dos veciños polos posibles efectos nocivos que sobre a súa saude poida ter a instalación da antena, o concello lousamiano solicitou á empresa que envíe a algún dos seus técnicos para que dé explicacións sobre o seu funcionamento.

Neste senso, fontes da empresa indicaron ós representantes do concello de Lousame que se trata dun equipo de baixa potencia que non conleva riscos para a saúde.

Redacción Barbanza