POBRA> Terá lugar o tres e catro de decembro con diversas actividades que pretenden poñer en valor a figura e obra deste escritor, fillo predilecto da localidade.
A concellería de Cultura da Pobra, en colaboración coa Deputación da Coruña e a asociación cultural Barbantia, volverá a organizar un ciclo dedicado ó escritor Victoriano García Martí.
A programación, que estará enfocada en dúas xornadas: venres 3 e sábado 4 de decembro, ten coma principal obxectivo a posta en valor da figura do autor, e darlle o lugar que merece no panorama cultural galego.
A programación incluirá varias charlas que afondarán sobre a vida e obra do escritor, entre as que destacan a de Pastor Rodríguez Santamaría e Antonio González Millán baixo o título A xeración de Victoriano García Martí no Barbanza e As obras completas de Rosalía de Castro nas cartas de Victoriano García Martí, respectivamente.
Aproveitarase tamén para presentar unha edición facsimilar da obra La tragedia del caballero de Santiago, datada en 1925, a cargo de Xesús Laíño.
Os actos programados incluirán tamén unha ruada musical e unhaa ofrenda floral ente o busto do escritor, ubicado na praza do mesmo nome.
Dende o Concello queixeron destacar tamén a colaboración do artista local, Manuel Teira, autor da imaxe que ilustra a cartelaría deste ano.