‘Se alguén di que pedimos o que non nos corresponde, ten que dimitir’

    CARMEADANILLA copia.jpg A ILLA> Desde a ANPA do IES A Illa retan ós populares a ver o centro e avaliar entón a razón das súas protestas. Hoxe recibiron a visita da nacionalista Carme Adán.

    {flowplayer}images/salnes/CARME_ADAN_IES_ILLA.flv{/flowplayer}

    Sorprendida. Así quedou a nacionalista Carme Adán tralo seu percorrido polas instalacións do instituto da Illa. Varios mestres xunto co representante dos pais e nais de alumnos e o voceiro local do BNG explicáronlle á parlamentaria as condicións nas que reciben clase os alumnos e as diferentes adaptacións que foron facendo das instalacións para dar cabida ós rapaces. Moitos nenos para pouco espazo e poucos docentes mentres na Xunta, di Adán, o conselleiro de Educación se gaba dos recortes feitos na súa carteira.

    Na visita pasaron pola aula de debuxo, unha sauna din os profesores. Aquí chéganse a acadar os 30 graos, de feito o martes non puideron dar clase pola excesiva calor. O que ía ser cafetería adaptouse con medios do centro para convertelo no departamento de audiovisual, a casa do conserxe estase habilitando para acoller ós 13 alumnos de informática infantil, mentres que os de segundo da ESO están sen clases de novas tecnoloxías por falta de espazo e ordenadores. Queren, con estas visitas, levar ó Parlamento as súas demandas. 

     Para a semana está previsto que sexa un representante do Partido Socialista o que se achegue ó centro. Tamén convidaron ó grupo popular. Mentres, a comunidade docente seguirá adiante coas súas reivindicacións. Polo momento o vindeiro acto de protesta está convocado para este sábado. Teñen pensado empapelar o centro porque, din, non lles gusta como está.

    Redacción Salnes