![]()
RIBEIRA> A campaña marisqueira non puido comezar peor. A escaseza de marisco fixo que algúns traballadores nin sequera puideran acadar o tope
{flowplayer}barbanza/aperturaameixaribeira.flv{/flowplayer}
Os mariscadores de Ribeira non lembraban un inicio de campaña tan desastroso. Os ó redor de douscentos cincuenta profesionais que faenaron nas concesións comprendidas entre Pedra Pateira e Castiñeiras víronse en serias dificultades para apañar os topes.
A cotización tampouco axudou. Dos mil cincocentos quilos subhastados esta tarde, as partidas de maior tamaño non superaron os vinte e nove euros, cando en campañas anteriores teñen chegado a sobrepasar amplamente os corenta. En canto ó marisco pequeno quedouse roldando os 12 euros.
Os profesionais non atinan a dar coas causas da escaseza de bivalvo aínda que consideran que a acción dos furtivos unida á escaseza de cría poden estar detrás deste mal arranque.
Á espera de ver como discorren as próximas semanas e pendentes da apertura dos bancos da Insua e Coroso as expectativas para o que resta de campaña, ata o mes de marzo, son ben pesimistas.
Redacción Barbanza








