A ANPA do Salustiano Rey Eiras reclama a implantación da xornada única no centro

    POBRA > Representantes da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Colexio Salustiano Rey Eiras compareceron en rolda de prensa para denuncia-la negativa da Delegación Provincial da Consellería de Educación a implantar neste centro educativo a xornada única. Os proxenitores reclaman o dereito a poder elixir a xornada lectiva que desexan para os seus fillos para o vindeiro curso escolar 2006-2007.

    colexiopobra1_200_110506.jpgO proceso iniciouse o pasado mes de marzo cando o consello escolar deste centro aprobou o envío á Delegación de Educación do proxecto da xornada lectiva de mañá para o vindeiro curso escolar. En abril recibiuse a resposta da Dirección Xeral de Centros na que se denegaba a solicitude, aludindo a que que a implantación da xornada única suporía un incremento considerable no custe do trasporte escolar.

    Ó non dispor da aprobación correspondente por parte da Delegación de Educación o proceso veuse paralizado, impedíndose a realización das votacións dos pais, na que debían decidir se estaban a favor ou non da xornada lectiva en sesión única de mañá.

    Ante esta decisión a Dirección do centro educativo pobrés interpuxo un recurso de alzada e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos realizou unha asemblea de pais para informarlles do acontecido e coñecer de primeira man. Nesa xuntanza acordouse realizar unha recollida de sinaturas.

    A ANPA do Salustiano Rey Eiras reclámalle ademais á Delegación de Educación a busca de fórmulas para solucionar este problema.colexiopobra2_200_110506.jpg

    Entre as deficiencias que presenta actualmente o centro educativo atópanse o incumprimento da lei de accesibilidade e a eliminación de barreiras arqueitectónicas, o incumprimento en materia de seguridade das portas de acceso ó edificio principal ou os problemas de salubridade existentes no colexio como son as tubaxes dos servizos ou os módulos prefabricados existentes e que non poden ser empresados de xeito satisfactorio polos alumnos.

    Redacción Barbanza