Alberto Rama, exemplo de superación tras 49 días na UCI

MUROS> Tras superar o coronavirus, este luns volvía á súa casa de Esteiro, Alberto Rama. Este enfermeiro muradán relata a súa experiencia despois de corenta e nove días ingresado na UCI.

De seguro que Alberto Rama non esquecerá xamais o día do seu corenta e tres cumpreanos. Pasouno na UCI, intubado e sedado. Este enfermeiro muradán contaxiouse en pleno pico da pandemia, traballando nas Urxencias do Clínico de Santiago, con medios de protección limitados. O que empezou como un malestar acompañado de febre traduciuse en corenta e nove días en Coidados Intensivos.

Recibía a alta este luns e así o agardaban os seus veciños da parroquia de Esteiro. A pesar de ter superado o coronavirus, Alberto ten por diante un longo proceso de recuperación. O que máis lle preocupa son as secuelas nun pulmón que mesmo poderían ter que obrigarlle a pasar por quirófano.

Tralo duro da súa experiencia, Al berto mira ó futuro con optimismo pero con cautela. Fai un chamamento a que non nos confiemos porque o virus segue aí e, sen tratamento, todos podemos correr a mesma sorte que el.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí